martes 20 de mayo de 2008

Mora, ese traidor.


O noso (ex)amigo Mora, alias Xosé Ramón tocaba a guitarra nun intento grupo de música arzuán.
Pero todo comezou a cambiar cando Mora escoitou un tema nun bar de Melide.

A cousa foise distanciando e el ía facendo as súas cousas en solitario (ou iso era o que nos decía) As veces dicía que ía tocar con Fiuza.
Meses máis tarde grazas a unha investigación do negrito Denís percatámonos de que Mora formaba parte (clandestinamente) d´outra agrupación musical. Si, estamos a falar do grupo Relevancia0 e así o podemos confirmar no seu Myspace.

Alí podemos ler:
Acerca de Relevancia 0 Javi, Adri, Carlos, Mora, Chas...RELEVANCIA 0 es un grupo de jóvenes gallegos formado en 2005.

Hai hai... mora mora, quien te ha visto y quien te ve!!
Pois iso Mora, que te hagan el amor!

sábado 17 de mayo de 2008

No día das letras.

Hoxe, no día das letras Galiza Nova de Arzúa fixemos un mural no centro da vila, ao carón da Biblioteca Rosalía de Castro.


Coido que nos quedou ben xeitoso :)


Sempre en Galiza, Sempre en Galego!

jueves 15 de mayo de 2008


Este xoves, 15 de maio, fanse 60 anos da Nakba, o día en que o estado sionista xudeo comezou a desprazar os palestinos da súaTerra.

Dende este blog, súmome á proposta de Global Voices Online.
Máis info en vieiros.

Comunicado de Banda Bassotti. Pola libertade de expresión

Ya desde tiempo en España, Catalunya, Galiza y Euskal Herria, la AVT, el PP y ahora también el diario El Mundo están haciendo presiones sobre los promotores de festivales y de clubs para cancelar nuestros conciertos. La AVT (Asociación Victimas del Terrorismo), cercana al Partido Popular, amenaza (sin hacerlo) de denunciarnos. Ellos, juntos a un sindicato de la Guardia Civil, no quieren que nosotros toquemos en ningún lugar de la Península Ibérica de ahora en adelante. Nos acusan de celebrar la ETA en una canción y que en los años hemos apoyado a muchas asociaciones vascas que luchan para la Independencia.

Ellos amenazan de denunciarnos exactamente por el texto de la canción YUP LA LA, canción que está presente en el cd de Banda Bassotti “ASI ES MI VIDA” de el ano 2003, disco que es una antología de canciones de lucha (todas versiones de otros autores por supuesto) del siglo XX interpretadas en clave rock-ska.

Esta canción es una versión del poeta vasco Etxamendi del 1974 y habla del atentado a Carrero Blanco (presidente del Gobierno del dictador falangista Francisco Franco), atentado ejecutado cuando todavía Franco estaba al poder en España. Está claro como el sol que el texto de esa canción tiene que ser introducido en su contexto histórico y no por supuesto en el 2008. Por eso nos declaramos que es absolutamente demagógico usar el texto en este contexto y también vamos a explicar que el párrafo de la canción que ellos contestan no está traducido bien por ellos y no es una caso.

Nos acusan de apoyar a la ETA para un texto, cuando en este mismo texto la organización armada ETA nunca està nombrada. La palabra “eta” en euskera (la lengua Vasca) a parte de ser la sigla a todo el mundo conocida es una simple conjuncion gramatical (quiere decir simplemente “y”) como en el caso de este párrafo incriminado que vamos a citar al fin de esta declaración… La traducción es : “te vitoreamos y tu eres el brazo del pueblo” y no es como ellos afirman: “te vitoreamos ETA eres el brazo del pueblo”.

Está claro y a la luz del sol que estos personajes junto a los “estimados” periodistas de EL MUNDO han cometido un grande y grave fallo.. creo que esa gente necesitaría un traductor mejor de lo que tienen ahora en lugar de calumniar gratuitamente a Banda Bassotti. Está igualmente claro que estos errores de traducción no son tan casuales por que no es fácil creer en esta misma gente después que ya el ano pasado hemos explicado en otro comunicado la misma cosa después de la misma idéntica acusación todavía no han entendido y regresan con lo mismo… Como se dice: “Errare humanum est, perseverare autem diabolicum”…

Declaramos eso por que tanto la AVT como EL MUNDO no estan nuevos en estos intentos. Son la misma gente que demandaron el grupo Soziedad Alkoholila para un texto y son lo mismo que han hecho una lista negra de bandas que no tienen que tocar (segun ellos) por que filo-ETA… En esta lista estan Soziedad Alkoholila, Fermin Muguruza, Berri Txarrak y ahora nosotros… prometiendo acciones juiciales, boicot de conciertos y otras “iniciativas”.

Ya ententaron parar 2 conciertos de nosotros el ano pasado (en FERROL y en el LUMBRERAS ROCK), pero al final no lograron pararnos por que los promotores no se dejaron asustar de las amenazas y sobre todo por que estas acusaciones se demostraron claramente sin ningun fundamentos.

La realidad es que están intentando callarnos porque representamos unas de las ultimas bandas que tiene una propia identidad política bien definida y una historia que es opuesta a la de ellos, pero como en pasado, se darán cuenta de que intentar aplicar la censura no le va a servir a nada.

Por suerte en el mundo (no en el diario, en el mundo real) hay muchísima gente que no se deja engañar con esas mentiras y que sigue llegando a nuestras actuaciones… y esta es la respuesta más importante que le podemos dar.

Para la libertad de expresión

No Censura

BANDA BASSOTTI – Roma 8 de mayo 2008

En seguida vamos a poner el párrafo contestado en euskera con la traducción EXACTA en castellano

Yup La La e l’autore è Etxamendi



(EUSKERA)

…………………………….

Goresten haigu, goresten eta
populiaren makila haiz ta
hire indarra handia baita
herria hitaz bozkariatzen da.
Goresten haigu, goresten eta
populiaren makila haiz ta
hire indarra handia baita
herria hitaz bozkariatzen da.

…………………………….


(CASTELLANO)
…………………………

¡Te vitoreamos, y
tú eres el brazo del pueblo!
¡Grande es tu fuerza,
el pueblo está protegido!
¡Te vitoreamos, y
tú eres el brazo del pueblo!
¡Grande es tu fuerza,
el pueblo está protegido!

Entrevista ao Xaquín en La Voz

La voz de Galicia publica hoxe nas súas páxinas unha interesante entrevista a Xaquín García Couso, alcalde de Arzúa.
Podes ler a entrevista aquí.

martes 13 de mayo de 2008

Hai que andar precavidos.

Se non andas precavido, os xornais llevarante a odiar a los oprimidos e aos opresores amar. - Malcolm X -

Pois eche ben certo, nunca dubidei desta frase.
Hoxe, máis unha vez, poidemos comprovala.
Dous medios de difusión da dereita española, citadamente El Correo Gallego máis o portal web do PP de Arzúa facían crer á poboación arzuá, (e a que non é de Arzúa tamén) que o PXOM da nosa vila fracasara, que se acabara, caput, se fini.
Todo o contrario, mal que lle pese aos partidos da oposición, a El Correo Gallego (ese mesmo xornal que se adicou a criminalizar xunto a El Mundo ao grupo Banda Bassotti sen ningún tipo de rigor xurídico nen xornalístico) ou a calquer autodenominada plataforma (porque ata o que eu sei, no concello nunha existiu ningunha plataforma de verdade) o PXOM segue adiante.
Ata onde eu sei, que procurei información fidedigna por parte do Concello, non coma outr@s polo que se ve, o único que di o informe de Política Territorial, son trámites normais e agardados.
Só son pequenas modificacións que se teñen que acometer no PXOM se se quere (como é obvio) levar adiante.
A modo de exemplo, un estudante chamado Pepiño, que é familia numerosa vai a matricularse na universidade. Ao cubrir a matrícula indica que é familia numerosa para obter as compensacións que así están estimadas.
Pero na entrega de todo o papeleo, Pepiño esquece meter o xustificante legal de que realmente pertence a unha familia numerosa.

Queda Pepiño sen matricularse na universidade?
Queda Pepiño sen o desconto na matricula?
Evidentemente, non.
Pepiño terá uns días, para entregar todos os papeis necesarios e continuar coa súa vida normal.

Pois o dito, a andar precavidos.

viernes 2 de mayo de 2008

Así, si!

Evo Morales, o indio Presidente de Bolivia, é, pese a quen lle pese, algo máis que un xersei de raias.

[Copio e pego de ANT]


Evo Morales nacionalizou a filial de Repsol YPF

O goberno boliviano asumiu hoxe o control da Petroleira Andina, subsidiaria de Repsol-YPF, coa compra das accións que lle permiten a Yacimientos Petrolíferos Fiscales Bolivianos (YPFB) a maioría do paquete accionarial (51%).

O documento de compravenda foi asinado polo representante da hispano-arxentina Repsol-YPF, Tomás García Branco, co seu homólogo da estatal boliviana, Santos Ramírez, en presenza do presidente Evo Morales.

O ministro de Hidrocarburos, Carlos Villegas, anunciou a transferencia ao estado boliviano do 50% máis un do paquete de accións da empresa petroleira Andina, filial de española Repsol YPF, o que permitirá á estatal Xacementos Petrolíferos Fiscais Bolivianos (YPFB) compartir a administración de 12 campos petroleiros.

Repsol socia

Repsol manterase como socia da estatal, sinalou Villegas. O anuncio produciuse logo de varias horas dunha reunión de urxencia do presidente Evo Morales cos seus ministros, tras cumprirse o mércores o prazo que deu o goberno boliviano a catro transnacionales petroleiras para transferir as súas accións á empresa estatal.

Villegas non se pronunciou en relación a que ocorrerá coas outras tres petroleiras: Chaco da británica British Petroleum, de exploración e explotación igual que Andina, e a transportadora Transredes xestionada pola británica Ashmore e a Compañía Loxística de Hidrocarburos Boliviana, de capitais peruanos e alemáns.

A firma do convenio de compra de accións con executivos da empresa española pon fin a dous anos de negociacións, logo da nacionalización de hidrocarburos. O presidente Morales agradeceu ao goberno español por facilitar as negociacións e puxo a Repsol como ''símbolo de empresa que dialoga e concerta''.

jueves 1 de mayo de 2008

Simplemente, enorme. Grande muchachada nui

lunes 28 de abril de 2008

Polo dereito a vivirmos en galego

A MESA pola Normalización Lingüística ven a sacar á rúa unha importantísima campaña pola defensa da nosa lingua. O manifesto, eixo central da súa campaña é o seguinte.

Manifesto: POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:

  1. Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.

  2. Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.

  3. Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.

  4. Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós
Hai tamén unha manifestación convocada para o día 18, que pretende ser a maior manifestación pola defensa da lingua na historia do noso país. Anticipo que dende Arzúa sairá un bus gratuíto para asistir á mani. Non hai desculpa para non ir!

Ver tamén:
Presentación da Campaña da MESA por Gz Nación

martes 22 de abril de 2008

Asina polo dereito á filosofía.

Chegoume ao mail o seguinte:

O profesorado de Filosofía reunido en asemblea convocada pola Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI) nas Xornadas sobre Educación da Cidadanía, quere manifestar o seu desacordo co Anteproxecto de Ordenación do Currículo do Bacharelato para Galicia no que atinxe á redución da carga horaria da materia de Filosofía e Cidadanía, de tres a dúas horas semanais, polas seguintes razóns:

http://www.nexosfilosofia.org/sgf/index.htm

Anímovos a ler as razóns e a asinar o manifesto contra a reducción de horas de filosofía no bacharelato.

sábado 19 de abril de 2008

Radioactividade!



warning : ver este video pode causar enfermidades por culpa da radioactividade.


Estes días chegabame ao mail este formidábel video, recoméndovolo, non ten desperdicio.




Asasinos sen Fronteiras

Copio e pego literalmente unha nova de Pascual Serrano tirada de rebelion.org

O mércores 16 de abril, o xornalista de televisión da axencia Reuters, Fadel Shanaa, morreu na Franxa de Gaza a consecuencia dun ataque da aviación israelí. Vale a pena observar como tratou o asunto Reporteiros sen Fronteiras; dirixímonos para iso ao seu sitio web.

O primeiro que observamos é que as súas campañas están dirixidas contra dous países comunistas, Cuba e China. En canto a informacións destacadas, unha vai dirixida ao goberno de Uruguai, debido a que alí unha xornalista dun xornal rexional di sufrir ameazas e corre o risco dunha condena de cinco meses por difamación.

A outra é a liberación do fotógrafo Bilal Hussein, de Associated Press, detido polo exército de Estados Unidos na base de Guantánamo durante 735 días.

É necesario baixar na pantalla ata o apartado Ver Tamén para atopar en titular, nin sequera en negrita: Un disparo de mísil israelí mata a un camarógrafo de Reuters.

Desta forma, unha ameaza en Uruguai e unha liberación estadounidense resultan para RSF máis importantes que un asasinato por un mísil israelí.

Lendo o comunicado de RSF, aínda aparecen elementos máis preocupantes. Por exemplo, ignoran que tamén morreron dous civís no mesmo disparo. A principal reacción de RSF non é condenar a morte, senón enviar a súa “máis sentido pésame á familia e as persoas achegadas a Fadel Shanaa”. Afirma a organización francesa que a súa morte “vén recordar que a Franxa de Gaza, [é] escenario de violentos enfrontamentos entre o Tsahal e os grupos armados palestinos”, pero a morte do xornalista de Reuters é tras un ataque no que só morreron palestinos, polo menos 14, entre eles cinco nenos e un ancián.

RSF limítase a pedir unha investigación e ata o comunicado permítese presentar o crime de forma optimista, sinalando que “desde a morte do reporteiro británico James Miller, ocorrida en maio de 2003, ningún xornalista había resultado morto por disparos israelís”. Calquera diría que o que hai que facer é felicitar a Israel. Para rematar, eximen de intencionalidade ao exército israelí afirmando que “presumiblemente, un mísil israelí fallou no seu obxectivo e alcanzou” o vehículo.

Só resta pensar que dixese Reporteiros sen Fronteiras se ese xornalista morrese a mans do exército cubano ou do venezolano.

viernes 18 de abril de 2008

sería posíbel un mundo en Comic Sans?

a raíz do comentario de Susmel, ocorreuseme esta pregunta. Imaxinádesvos vivindo nun mundo rodeados de comic sans ?
sería moi moi moi doloroso.
Aquí van uns exemplos:

Que opinades?
Algunha suxerencia máis?

jueves 17 de abril de 2008

IV Foliada de Melide

Chegoume ao mail esta maravillosa información sobre a foliada que todos os anos (dende fai 4) organiza a Agrupacón Castelo de Melide.

O programa da foliada é o seguinte:

IV FOLIADA DE MELIDE

    DOMINGO 27 de abril, Pazo de Congresos e Exposicións.
  • ORGANIZA: Agrupación Folclórica "Castelo"
PROGRAMACIÓN
11:00 Apertura exposicións e mostra de artesanía
11:00 Conferencia no Edificio Multiusos 12:00 Títeres Tres Globos de Melide presenta a obra "O Sapo encantado"

13:00 Actuación da Banda de gaitas Estivada de Calo

13:30 Mostra de baile tradicional
  • Asociación Cultural Deportiva A Meda do Castro (Sada)
14:00 Obradoiro tradicional "A Forxa"

15:00 Xantar Popular

17:00 Contos que non falten
  • Contos e historias de tradición oral. Celso F. Sanmartín
17:00 Obradoiro
  • Construcción de xoguetes sonoros. Luciano Pérez
18:00 Actuación
  • Tino Baz Cantor de música tradicional e poesía galega
19:00 Marcha Gaiteira
  • Agrupación Folclórica CASTELO (Melide)
  • Esc. de gaita e percusións galegas AXOÚXERE (Melide)
  • Gaiteiros FROITO NOVO (Melide)
  • OS MELIDAOS Gaiteiros (Melide)
  • Grupo de gaitas A MARISTELA (Sobrado)
  • Grupo de gaitas BICO DA BALOUTA (Agolada)
  • Grupo de gaitas CHARAMELA (Antas de Ulla)
  • Grupo de gaitas PAO DE BUXO de Saídres (Silleda)
21:00 Serán

23:30 Actuación

A media noite QUEIMADA de valde para tódol@s asistentes.

Expediente X


... ou como hai moito listillo que asina comentarios.

eis aquí un fotograma da serie que me da a razón:

pero enfín... que se lle vai facer. A xente perdeu toda a cultura que tiña.

lampreas

As lampreas son uns bichos acuáticos moi feos.
Polo visto, non hai lampreas en ningún lugar de europa onde esté a auga apozada, é dicir, en ningún encoro ou lago.
Pero un sabio pescador, disque atopou unha lamprea no Encoro de Portodemouros.
Será certo que alí viven?
Que outro tipo de aventuras nos deparan estes vampiros acuáticos?
Haberá algunha película de tipo "o ataque das lampreas asasinas?"
...
Estamos impacientes de respostas

I WANT TO BELIVE!

martes 8 de abril de 2008

Vaise un grande da política arzuá.


Como neste blog falo moi pouco da política local, aproveito esta nova para introducir un pouco este tema no blog.

Nicolás Esmorís podría presentar su dimisión como edil esta semana El Correo

El portavoz del PP en el Concello arzuano dimitirá de su cargo de forma inminente La Voz

A prensa confirma o rumor.

Evidentemente, non comparto nin o seu facer na política do Concello, nin a súa ideoloxía. Pero non se pode negar que Nicolás é unha desas figuras que creou un lugar propio de seu na política do noso Concello.

PD: non publicarei ningún comentario que insulte a ninguén. Así que se alguén o tiña pensado facer, que se aforre o esforzo.


sábado 5 de abril de 2008

Arzúa en GZ nación

O BNG pon á comarca de Arzúa como exemplo de que “un país novo é posíbel”

O portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, puxo hoxe á comarca de Arzúa como exemplo de que o lema co que os nacionalistas concorreron ás pasadas eleicións municipais, “un país novo”, non só é posíbel senón que é unha realidade.

Ler a nova completa aquí

viernes 4 de abril de 2008

Paremos a suba das TAXAS!


29 de Abril, Folga Estudantil!
Grazas a masiva mobilización do estudantado galego o 31 de Outubro pasado e á recollida de máis de 10 000 sinaturas de estudantes dos sete campus galegos contra a suba das taxas de matrícula para o presente curso, abriuse un proceso de negociación entre os Comités Abertos de Faculdade (CAF) e Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario Galego para o Decreto Galego de Prezos Públicos 2008/2009, mais a Consellaría de Educación manten a súa intención de subir as taxas (incluso por riba do IPC) e manter os recargos na 2ª, 3ª e 4ª matrícula, non llo podemos permitir. O próximo 29 de Abril todos e todas á Folga! Paremos a suba das TAXAS!
Por un financiamento suficiente para as universidades galegas, defender a universidade pública é parar Boloña.


Taxas e Boloña é todo unha vergoña!

Hai que levar as cousas con humor

Local de Nsaio en Arzúa


Copio traduco e pego un estracto dunha nova do xornal Tierras de Santiago (copio a foto tamén)

Para os músicos

Xa pola tarde, o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, encargouse de abrir as portas do novo local de ensaio arzuán. O inmoble conta con dúas salas dotadas con todo o equipamento necesario para elaborar as súas maquetas. O local de ensaio dispón, así mesmo, dunha sala de gravación e control, cunha mesa de mesturas o suficientemente potente para realizar axústelos necesarios no formato musical.

Este inmoble inclúese dentro da Rede Galega de Locais de Ensaio promovido pola Vicepresidencia dá Igualdade. Con esta iniciativa preténdese promocionar os novos grupos musicais dos municipios galegos.

Cando teña a miña disposición máis fotos do local, publicarei unha entrada máis completiña sobre todo o que é a rede de locais de ensaio, así como da situación actual musical en Arzúa.

domingo 30 de marzo de 2008

máis voltas co PXOM

Por fin, @s que pedían a demisión do alcalde nas rúas arzuás, decidíronse a dar o paso e a solicitar un pleno extraordinario sobre o PXOM. A plataforma sae do armario, ou mellor dito @s que a inventaron.
@s polític@s da oposición (por chamarlle dalgunha maneira) reuniron as súas sinaturas para esixirlle ao natural de Vilantime, Xaquín García Couso, alcalde de Arzúa a realización dun pleno monográfico sobre o polémico plan.
Eso si, seica piden que se faga no multiusos e as oito da tarde, para que a xente poida asistir en masa.
Dende aquí, querolle recordar a oposición, que foi precisamente o BNG quen fixo que os plenos se realizasen á tardiña para que a xente poidera asistir a eles. Recordar tamén que o lugar dos plenos é a sala de plenos. Que vai ser o próximo, pedir que se faga no campo do Betis para poderlle tirar botellas ao alcalde?
Un pregúntase, non sería esto o primeiro que terían que ter feito @s representantes dos diferentes partidos/agrupacións do noso concello?
Está claro que eu non lles vou marcar a axenda política a seguir, só fodería, mais ben, é so unha opinión.

Noticia de fai uns días en la voz.


Nota previa: é posíbel que non entendas este chiste ata que vexas a explicación.

Na imaxe o defunto Sadán asústase ao ver o PXOM que Satanás fixo para o Concello de Arzúa.

Explicación:

Versa así a pancarta que hai no parque de Arzúa: "Queremos un plan sen ocultismo"
Que pasa se collemos o diccionario (esa "cousa" que polo que se ve, non ultiza moito quen deseñe as pancartas) e buscamos a palabra ocultismo?

Pois pasa o seguinte:

ocultismo s.m. 1. Crenza na existencia de realidades que non poden ser explicadas cientificamente e que só son perceptibles polos métodos propios das ciencias ocultas. Expertos en ocultismo. 2. Conxunto de doutrinas e prácticas nas que se pode intuí-la presencia de forzas sobrenaturais. Practican o ocultismo. u CF. espiritismo, maxia, parapsicoloxía.

viernes 28 de marzo de 2008

Todos e todas somos perigos@s



A Garda Civil collerá datos dos coches que leven o distintivo GZ de Vieiros

viernes 21 de marzo de 2008

simplemente un dato


Pódese estar a favor ou en contra do Goberno chinés, a favor ou en contra da indepndencia do Tibet, non vou entrar a valorar iso. Simplemente, vou a dar un dato, nestes días que tanto se fala dos monxes tibetanos como os loitadores pola democracia, e do Dalai Lama como o máximo responsábel da revolta de estes días.
Non nos levemos a enganos, os monxes budistas son o que son. E o Dalai Lama tampouco é nengunha xoia. Eis o dato:

Cando o Dalai Lama estaba no poder, o 95% dos tibetanos podían ser vendidos como mercadorías

Pinchar na frase para acceder a un moi interesante artigo sobre este tema.

miércoles 19 de marzo de 2008

Escoller sobre a túa vida.


Tod@s nos lembramos de Ramón Sanpedro. Tod@s quedamos conmocionad@s despois de ver a película Mar Adentro, máis por desgraza, aos dous grandes partidos que optan a gobernar o Estado Español, esa conmoción, non lle durou apenas un par de minutos.
A igrexa católica é o maior bastión en contra dun dereito tan elemental como é a eutanasia e estes dous partidos, débenlle ter moito medo, ou moitos favores que devolver á mesma.
Mentres tanto, centos de enferm@s seguen, como di a canción de Habeas, estando obrigad@s a morrer en vida.
Hoxe, unha valente mestra francesa, dou o paso que ela creía que tiña que dar. Despois de que o goberno francés lle negase o dereito á eutanasia activa, decideu que se non o podía facer legalmente, faríao ilegalmente. Chantal Sébire que así se chamaba esta muller de 52 anos, sufría un doloroso tumor na súa cabeza. O goberno francés, ofreceulle a posibilidade de inducirlle un coma ata que morrese de forma natural. Ela decidiu desovedecer ao goberno francés.
Grazas a persoas como Sanpedro ou Chantal, o debate sobre a eutanasia, repróducese cada certo tempo. Sen lugar a dúbidas, actos heróicos coma estes, axudan a denunciar esta pésima situación que se vive en pleno século XXI.

Despois de ler a nova da morte de Chantal, puxenme a buscar os programas electorais de algúns partidos políticos.

Se o buscador de palabras do meu lector de PDFs non se trabuca nen a dereita representada polo Pp, nen a autodenominada esquerda do PsoE mencionan a palabra eutanasia. Non sei, pero non me sorprendeu.
Non me sorprendeu tampouco que outros partidos como o BNG, IU, ERC apostasen no seu programa pola despenalización deste feito.

Non sei que dirán tod@s @s amigos de Z, Sabina e compañía incluidos, sobre este tema.

Deixovos para o voso deleite a canción que mencionei arriba:



A continuación, relato de páxinas a favor da eutanasia.

Asociación De Derecho a Morir Dignamente
La eutanasia y el derecho a la privacidad], de Paul Kurtz
Eutanasia genera claridad

Sen palabras


(ilustración de Taiso)

martes 18 de marzo de 2008

amigas, amigos, así is Spain

Video moi ilustrativo de como son por esas terras...


O PsoE déixanos sen Protección Civil

Da man de Presidencia e do Fegamp chéganos esta nova noticia, sen dúbida negativa para Arzúa.
O titular de "La Voz" non pode ser máis explícito :
Arzúa, Ordes y Santa Comba pierden el servicio municipal de emergencias
Tamén recolle outro titular relaccionado :

El anuncio enfada a los alcaldes, que dicen que los parques de bomberos y los Grumir son compatibles

Agora, como non, veñenme á cabeza unha serie de preguntas...

Que fará a oposición no Concello?
A anterior plataforma, pola seguiridade cidadá, irá protestarlle ao PsoE autonómico?
Que pasará con todo este tema?

lunes 17 de marzo de 2008

lembradesvos?


xa van 5 anos de que estes 3 asasinos se sacaran a foto previa á invasión do Iraque ...

novas sobre este tema en diferentes medios: gznacion vieiros

lunes 10 de marzo de 2008

Análises varias dun opinólogo.

O día 7 de marzo, un cidadán de Arrasate perdía a vida tras ser tiroteado por un membro de ETA.
Todas as organizacións das forzas políticas con representación en Arzúa condenaron o atentado e decidiron paralizar a campaña. O BNG de Arzúa foi a única forza que perdeu de facer o seu mitin central (e o que é máis, perdeu a intervención de Manoli) pero a ninguén do BNG nese momento lle importaba. Comprenderon a decisión dos partidos.
Pero vese que existe un "partido" en Arzúa ao que non lle importan os mortos, nen tan sequera do seu propio partido. O PsoE a nivel estatal, pasouse 25 anos acusando á dereita de utilizar partidistamente as víctimas do terrorismo. A propia filla do home asasinado leu un manifesto no que pedía que non se utilizase ao seu pai. Paradóxicamente, facía isto, abrazado do candidato á Presidencia da Junta de Andalucía.
Pero en Arzúa, as cousas son diferentes, non importan, nin as mortes, nin as directrices dos partidos, nin os comunicados dos seus familiares. Aquí, como se di tradicionalmente, van ao seu.
Así nos sorprendíamos quen abrimos os nosos buzóns o venres a tarde por segunda vez.
Un, quen ten o costume de abrilo pola mañá (chamademe raro) non atopou propaganda electoral de ningún tipo nesa mañá. A sorpresa veu despois, cando veu en todos os buzóns do casilleiro do seu edificio (en todos agás no meu) un papel en branco. Abres o buzón para ver se o folio en branco está no teu e levas unha decepción cando non é asi. Pero había outras sorpresas, unha pegatina e unha especie de postaliña do PsoE. Que curioso.
Movido pola curiosidade do maldito folio en branco, decidinme a coller o do 5ª Dereita, xa que alí non vive ninguén, e polo tanto, non lle usurpaba o correo a ninguén.
Esto si que era curioso, vin que o folio era o famoso "panfleto" da famosa "plataforma". Eso si que é ter un par de collóns e non o que pon o panfleto.

A pesar de toda esta guerra suxa, os resultados son os que son, e tod@s os poderán pintar e analizar como queiran, eu o primeiro. Pero segundo as primeiras fontes, que supoño eu que serán máis ou menos fiabeis, o Pp baixa ao redor de 250 (aínda que todo sea dito, siguen sendo a primeira forza en Arzúa nunhas eleccións as Cortes do Estado) o PsoE nin sube nin baixa, queda cos mesmos votos nunha segunda posición, e o BNG sube 100 votos con respecto as anteriores xerais.
As nosas e nosos representantes locais estarán contentos, o Pp por ser a primeira forza en Arzúa, o PsoE por poñer a Z de presidente, e o BNG por subir en votos e manter a representación no Esatdo.

Non quixera deixar este post de opinoloxía, sen felicitar ao BNG do noso concello veciño e amigo de Melide, cun ascenso do nacionalismo bastante considerábel.

 
Creative Commons License
os contidos propios deste blog están protexidos baixo licenza de Creative Commons.